estratexia

estratexia

lat strategĭa gr στρατηγία

Plural: estratexias
  1. s f
    1. [BÉL ]

      Ciencia de proxectar e dirixir as grandes operacións militares.

    2. [POLÍT ]

      Coordinación das forzas políticas, económicas e diplomáticas para conseguir os obxectivos dun Estado, dun grupo ou dun partido.

  2. s f

    Arte de coordinar as accións para lograr o obxectivo que se pretende.

    1. s

      Conxunto de accións que se desenvolven no transcurso dunha competición conforme a un plan establecido con anterioridade.

    2. xogada de estratexia

      Conxunto de movementos coordinados dun equipo deportivo, especialmente os ofensivos, que seguen á execución dun lanzamento.

    1. estratexia do k

      Estratexia dunha poboación na que se emprega a enerxía destinada á procreación en ter poucos descendentes pero dedicándolles maior atención.

    2. estratexia do r

      Estratexia dunha poboación na que se emprega a enerxía destinada á procreación en ter moitos descendentes pero dedicándolles unha menor atención.

Sinónimos

Citas

  • As súas estratexias non deron resultado e a empresa pechou