estela

estela

lat tardío astĕlla, dim de astŭla

Plural: estelas
  1. s f

    Anaco pequeno de madeira que se desprende dela ao rachar violentamente.

  2. s f [BOT ]

    Parte interior cilíndrica do talo, constituída axialmente polo durame e perifericamente pola albura, que contén os feixes condutores.

Sinónimos

Citas

  • Despois de fender a leña limpamos as estelas que quedaran no chan