algonquino -na
algonquino -na
Plural:
algonquinos
Masculino:
algonquino
Masculino plural:
algonquinos
Feminino:
algonquina
Feminino plural:
algonquinas
-
adx
[ETN ]
Relativo ou pertencente aos algonquinos ou á súa lingua.
-
s
[ETN ]
Individuo dalgunha das diversas tribos algonquinas.
-
s
m pl
[ETN ]
Conxunto de tribos amerindias que se espallaron, a partir da zona que circunda a baía de Hudson, por América do Norte; na actualidade localízanse ao L de Otawa (Canadá) e nalgúns territorios dispersos de EE UU.
-
s
m
[LING ]
Familia de linguas amerindias da póla setentrional, moitas delas en vías de extinción. Forman parte desta familia o cree, o cheyenne, creek-seminole e o arapaho.