estática
estática
gr στατικ ή ἐ πιστ ή μη ‘ciencia do movemento’
-
-
s
Rama da mecánica que estuda as condicións de equilibrio para que o corpo sobre o que actúa se manteña en repouso ou en movemento uniforme.
-
estática de fluídos
hidrostática.
-
estática gráfica
Método para resolver problemas sobre o equilibrio e a distribución de forzas, cargas, tensións ou momentos aplicados a un sólido, por medio de gráficos exactos.
-
s
-
estática económica
[ECON ]
Método de análise económica que ten por obxecto o estudo das variables económicas nunha posición determinada, xeralmente considerada de equilibrio.
-
estática química
[QUÍM ]
Parte da química que estuda os estados de equilibrio ao que tenden os sistemas que experimentan unha reacción reversible.