estaño

estaño

lat stagnu

Plural: estaños
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento metálico do grupo IV A da táboa periódica, de número atómico 50 e peso atómico 118,69. É moi dúctil e maleable, e utilízase na industria alimentaria baixo a forma de tubos ou de láminas, para a fabricación de latas e para fabricar numerosas aliaxes.

  2. cloruro de estaño(II)/ estannoso [QUÍM ]

    Sólido cristalino empregado en tinturaría como axente redutor.

  3. cloruro de estaño(IV)/estánnico [QUÍM ]

    Líquido incoloro caústico que se emprega como mordente en tinturaría.

  4. óxido de estaño(II)/ estannoso [QUÍM ]

    Sólido en forma de pos de color marrón escura que se emprega como axente redutor e na preparación de sales de estaño.

  5. óxido de estaño(IV)/estánnico [QUÍM ]

    Cristais octaédricos, existentes en estado natural en forma de casiterita, que se empregan na obtención de colorantes para a cerámica.

  6. sulfuro de estaño(II)/ estannoso [QUÍM ]

    Sólido en forma de escamas amarelas ou de pos marróns, que se emprega como catalizador de reaccións de polimerización e para broncear obxectos de xeso.