espiral

espiral

espira

Plural: espirais
  1. adx
    1. Que forma espiras.

    2. [MAT ]

      Relativo ou pertencente á espiral.

    3. [BIOL ]

      Aplícase á segmentación do cigoto, en que os fusos mitóticos dos blastómeros son oblicuos ao eixe do ovo. Os blastómeros fillos colócanse en medio dos pais formando capas horizontais, onde alternan os dous tipos de blastómeros. Preséntase nos anélidos nemertinos e poliquetos.

  2. s f [MAT ]

    Curva plana descrita por un punto, que xira arredor doutro punto fixo, apartándose continuamente segundo unha lei determinada, característica para cada tipo de espiral.

  3. s f
    1. Curva non plana con aspecto de hélice.

    2. [TECNOL ]

      Resorte, en forma dunha curva espiral, do mecanismo de corda de certo tipo de reloxos.

Citas

  • As subas dos combustibles entraron nunha espiral que repercutirá na inflación