espiñento

espiñento

espiña

Plural: espiñentos
  1. adx

    espiñoso.

    1. s

      Peixe da familia dos gasterosteidos.

    2. espiñento agulla [Spinachia spinachia]

      Peixe, da familia dos gasterosteidos, de corpo alongado, co fociño e o pedúnculo caudal moi afiados, propio de augas salgadas ou salobres.

    3. espiñento común [Gasterosteus aculeatus]

      Peixe, da familia dos gasterosteidos, de corpo comprimido e fusiforme, cun pedúnculo caudal afiado, cabeza aguda e boca pequena. Presenta tres espiñas illadas diante da aleta dorsal que poden erguer, aletas pélvicas transformadas noutra espiña e aleta caudal reducida. A pel está desprovista de escamas ou parcialmente cuberta de placas óseas. Aliméntase de vermes, crustáceos, insectos e pequenos vertebrados.

Palabras veciñas

espinela espinela espiñela espiñento espineta espingarda espiño