espesante

espesante

espesar

Plural: espesantes
  1. adx

    Que espesa.

  2. s m
    1. [ALIM ]

      Aditivo alimentario do grupo dos estabilizadores que se emprega para manter ou aumentar a consistencia ou a viscosidade dun produto, como poden ser bebidas, prebes, sopas ou caldos.

    2. [QUÍM ]

      Substancia de elevado peso molecular que, ao incorporarse a unha solución, pasa a disolución coloidal. Emprégase para aumentar a viscosidade das pastas de estampaxe téxtil ou na fabricación de cosméticos.

    3. [PINT ]

      Substancia que se engade a unha pintura ou un verniz para aumentar a súa viscosidade e darlle corpo.