esperpento

esperpento
Plural: esperpentos
  1. s m

    Persoa, dito ou cousa ridícula, absurda ou grotesca.

  2. s m [ESPECT ]

    Xénero dramático que propugna unha lectura crítica da realidade, como se se realizase a través de espellos cóncavos e convexos, feito que contribúe a deformala e distorsionala. Ofrece unha visión degradada, grotesca e sumamente irónica da mesma, que xa prefigura o que vai ser o teatro do absurdo ou o teatro da crueldade.