espermático -ca
espermático -ca
lat spermaticu gr σπερματικός
-
adx
Relativo ou pertencente ao esperma.
-
adx
[ANAT ]
Aplícase ao conxunto composto polo conduto deferente, as arterias espermática e funicular, o plexo venoso, os vasos linfáticos e a rama xenital do nervio xenitocrural. Nace no conduto inguinal e chega ata o testículo.