esperma

esperma

lat sperma gr σπέρμα ‘semente’

Plural: espermas
  1. s m [FISIOL ]

    Líquido abrancazado moi viscoso que se emite no momento da exaculación, composto polos espermatozoides en suspensión no líquido seminal, que está constituído polas secrecións das distintas glándulas das vías xenitais e principalmente polas das vesículas seminais e da próstata.

  2. esperma de balea [QUÍM ]

    espermaceti.