espello

espello

lat specŭlu

Plural: espellos
  1. s m [FÍS ]

    Superficie lisa e moi reflectora que, por reflexión dos raios de luz, dá imaxes claras dos obxectos.

    1. s

      Obxecto montado cunha superficie lisa que reflicte a imaxe dos obxectos situados fronte a el.

    2. espello frontal [MED ]

      Espello de superficie cóncava e cunha luz eléctrica no centro que o médico adapta á fronte para realizar as exploracións, principalmente de larinxe e de oído.

    3. espello retrovisor [TECNOL ]

      Espello de pequenas dimensións que lle permite ao condutor dun vehículo automóbil ver os vehículos que circulan detrás del.

  2. s m

    Aquilo que reflicte algo que se expresa.

  3. s m

    Cousa que se toma como modelo ou exemplo.

  4. s m [ARQUIT ]

    an en forma oval ou circular.

  5. s m [INFORM ]

    Servidor que contén copia da totalidade ou de parte dos contidos almacenados noutro.

    1. espello de popa

      Parte exterior da popa dunha embarcación desde o coroamento ata a bovedilla ou parte arqueada dos baixos de popa.

    2. espello de proa

      Parte interior dunha embarcación formada pola roda e a última caderna de proa.

Citas

  • A cara é o espello da alma
  • Esa muller é o espello de constancia e superación
  • Regaláronlle un espello de man polo seu aniversario

Refráns

  • Non hai mellor espello có amigo vello.
  • O espello non sabe mentir; aquelo que ve é o que adoita dicir.