espectrómetro

espectrómetro

espectro + -metro

Plural: espectrómetros
  1. s m [FÍS ]

    Nome xenérico dos instrumentos que permiten separar unha radiación nas súas compoñentes monocromáticas, en función da lonxitude de onda ou da frecuencia, ou un feixe de partículas nas partículas individuais, en función da súa masa ou enerxía.

  2. s m [ASTRON ]

    Instrumento que evidencia e permite analizar o espectro dunha radiación electromagnética. Separa as ondas monocromáticas que compoñen a radiación estudada e forma unha imaxe do espectro así determinado.

  3. espectrómetro de masa [QUÍM ]

    Aparato destinado a separar os diferentes isótopos dun elemento. Fundaméntase na acción dos campos eléctrico e magnético sobre as partículas con carga eléctrica.

  4. espectrómetro magnético [FÍS ]

    Instrumento que separa as partículas cargadas electricamente que compoñen un feixe, grazas á aplicación dun campo magnético que desvía as súas traxectorias proporcionalmente ao seu momento lineal. Mide e prepara feixes de partículas co mesmo momento lineal ou enerxía cinética.