espectáculo

espectáculo

lat spectacŭlu

Plural: espectáculos
  1. s m

    Representación pública dunha obra teatral, cinematográfica ou dunha exhibición de variedades.

  2. s m

    Feito ou cousa, especialmente notable, que se ofrece á vista, e que é digna de admiración ou de provocar reaccións diversas.

  3. s m

    Acción que se considera escandalosa ou inadecuada.

Citas

  • Onte deches un bo espectáculo ao cantar enriba da mesa
  • Para os estranxeiros é un espectáculo ver a posta de sol nas Illas Cíes