esmola
esmola
lat eleemosyna gr ἐ λεημοσύνη ‘piedade’
-
s
f
Doazón, xeralmente de cartos, que se dá por caridade.
-
s
f
Feito de dar esmola.
Sinónimos
Citas
- A esmola neste país non está ben vista
- Deulle unha esmola ao pobre que estaba na porta da igrexa
Refráns
- Cando de as a esmola, non toques a trompa.
- Cando deas esmola, se non o sabe unha man, que non o saiba a outra.
- Crego moi predicadeiro non é o máis esmoleiro.
- Non por dar unha esmola, queda un pobre.
- O bo esmoleiro non debe ser bullangueiro nin pregoeiro.
- Por dar unha esmola ninguén se avergoña.
- Por unha esmola non se baleira ningunha falchoca.
- ¡Deus pague a caridade e aumente a devoción!