alfaia

alfaia

ár al-hājâ ‘o utensilio’

Plural: alfaias
  1. s f

    Adorno persoal feito con pedras ou metais preciosos.

  2. s f

    Calquera elemento de moito valor.

Sinónimos

Citas

  • A túa alfaia máis querida son os teus animais
  • Agasallouna cunha alfaia de ouro branco e diamantes na petición de man
  • Na voda regaláronlles unha alfaia preciosa de Sargadelos
  • Recolleron todas as alfaias no intre no que realizaron a mudanza