esgotamento

esgotamento

esgotar

Plural: esgotamentos
  1. s m

    Acción de esgotar ou esgotarse.

  2. s m
    1. Debilidade gradual dunha ou de diversas funcións, sen lesión, que se producen polo exceso de exercicio.

    2. Perda extrema das forzas.

  3. esgotamento nervioso [PSIC ]

    Estado de fatiga excesiva producida polo traballo corporal ou intelectual intensivo e prolongado. Caracterízase pola perda de dinamismo, astenia e, con frecuencia, confusión mental.