esfera

esfera

lat sphaera gr σ ϕ α ῐ ρα

Plural: esferas
  1. s f [MAT ]

    Sólido interior a unha superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o raio.

    1. s

      Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

    2. esfera celeste [ASTRON ]

      Esfera imaxinaria, concéntrica co globo terráqueo, en que se representan os astros, os seus movementos e tamén os diferentes círculos astronómicos (ecuador ou eclíptica).

    3. esfera fotónica [ASTRON ]

      Rexión situada ao redor dun buraco negro que captura a luz que viaxa con ángulos determinados.

    4. esfera terrestre [XEOG ]

      Representación esférica a escala do globo terráqueo.

  2. s f

    Superficie sobre a que xiran as agullas do reloxo ou de calquera outro instrumento semellante.

  3. s f

    Espazo en que se exerce a acción, a influencia, o coñecemento, ou a actividade de alguén ou dalgunha cousa.

Confrontacións

rea

Citas

  • A esfera do meu reloxo
  • Mocea cunha rapaza que non é da súa esfera social, As altas esferas económicas están pendentes dos movementos da bolsa
  • O sector da política é a súa esfera de acción