escravo -va

escravo -va

lat tardío sclavu

Plural: escravos Masculino: escravo Masculino plural: escravos Feminino: escrava Feminino plural: escravas
  1. adx

    Aplícase á persoa que pertence en propiedade a outra e que carece de liberdade. Tm s.

  2. adx

    Que está sometida ou dominada excesivamente por algo ou alguén. Tm s.

  3. adx

    Que soporta ben as adversidades.

  4. adx

    Que implica sacrificio ou moita dedicación.

  5. s [INFORM ]

    Unidade de disco conectada a outra principal chamada primaria ou mestra.

Citas

  • A vida do campesiño é moi escrava
  • As pirámides fixéronse con man de obra escrava
  • Esa nai é unha escrava dos seus fillos, É un rapaz escravo da moda e gasta todos os cartos en roupa
  • Esas plantas son moi escravas, non te tes que preocupar delas
  • Eses monumentos foron construídos por moitos escravos