escorpénido -da
escorpénido -da
lat científico Scorpaena
-
adx
Relativo ou pertencente aos escorpénidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT ]
Peixe da familia dos escorpénidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT ]
Familia de peixes mariños, da subclase dos actinopterixios, de corpo groso e oblongo, coa cabeza parcialmente acoirazada e armada con espiñas, unha única aleta dorsal espiñenta, ollos grandes en posición moi elevada e unha boca grande e protráctil. Cazan á espreita agardando nos fondos grazas á súa coloración críptica. A maioría son velenosas.