escoftálmido -da
escoftálmido -da
Plural:
escoftálmidos
Masculino:
escoftálmido
Masculino plural:
escoftálmidos
Feminino:
escoftálmida
Feminino plural:
escoftálmidas
-
adx
Relativo ou pertencente aos escoftálmidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT ]
Peixe da familia dos escoftálmidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT ]
Familia de peixes bentónicos, da orde dos pleuronectiformes, de corpo moi comprimido e asimétrico, que nadan por ondulación e permanecen a maior parte do tempo enterrados nos fondos mariños. Presentan os dous ollos no lado esquerdo do corpo, a boca no extremo da cabeza e os orificios nasais asimétricos. A liña lateral está presente en ambos lados do corpo e o flanco esquerdo ten unha coloración críptica, mentres que a parte dereita non está pigmentada.