escisión

escisión

lat scissĭōne ‘cortadura’

Plural: escisións
  1. s f

    Acción e efecto de escindir ou escindirse.

    1. s

      Forma de reprodución asexual pola que un organismo se divide en partes iguais.

    2. escisión binaria

      escisiparidade.

    3. escisión múltiple

      División dun organismo en máis de dúas partes.

  2. s f [MED ]

    excisión.

  3. escisión fonolóxica [LING ]

    Proceso diacrónico polo que un fonema se transforma en dous ou máis distintos, a partir, xeralmente, dunha diferenciación fónica contextual.