escama

escama

lat squāma

Plural: escamas
  1. s f [ZOOL ]

    Formación que cobre o corpo de moitos vertebrados e que lles serve de protección.

  2. s f

    Conxunto de escamas.

  3. s f
    1. Cousa que ten forma de escama.

    2. [PAT ]

      Formación composta de fragmentos de capa queratinizada que se desprenden habitualmente de forma case imperceptible da pel.

    3. [MICOL ]

      Fragmento do veo universal que aparece nos sombreiros dos cogomelos dos fungos do xénero Amanita.

    4. [BOT ]

      Órgano vexetal de tamaño reducido e de orixe foliar.

    5. [XEOL ]

      Conxunto de materiais con encabalgamento en forma de lámina, e que foi sometido a poucos desprazamentos.

    6. Tella plana cun lado semicircular que ao imbricala con outra adopta forma de escama.