epistemoloxía
epistemoloxía
gr ἐ πιστ ή μη ‘coñecemento’ + -loxía
-
s
f
[FILOS ]
Disciplina que estuda o coñecemento, as súas clases, os seus condicionamentos, a súa posibilidade e a súa realidade. Ademais, estuda os contidos do pensamento, a súa natureza e o seu significado, polo que algúns autores prefiren falar dunha teoría do coñecemento científico.
-
epistemoloxía lingüística
[LING ]
Disciplina, de carácter filosófico, que se ocupa dos tipos de coñecemento que se poden obter da lingüística. Estuda a evolución histórica das ideas lingüísticas e a súa contribución ao coñecemento humano.