envexa
envexa
lat envidĭa
s
f
Sentimento de mágoa ou irritación que sente alguén que cobiza para si as cousas que outra persoa ten ou consegue.
Ex: Morría coa envexa cando vía pasar o veciño co coche novo Ex: ¡Que envexa poder marchar xa de vacacións! Como tiña envexa do seu pastel, regaloumo
Sinónimos
Citas
- Morría coa envexa cando vía pasar o veciño co coche novo
- ¡Que envexa poder marchar xa de vacacións! Como tiña envexa do seu pastel, regaloumo
Refráns
- A cabra da miña veciña dá máis leite cá miña.
- A envexa do amigo é mellor cá xenreira do inimigo.
- A galiña da miña vecifia está máis gorda cá miña.
- A galiña da miña veciña pon máis ovos cá miña.
- A galiña da miña veciña sempre parece máis gorda cá miña.
- A vaca da miña veciña dá máis leite cá miña.
- Antes envexado, que compadecido e apurrado.
- Envexa non teñas, se que res ter paz.
- Mellor é verse envexado, que verse aquelado.
- Non cobices dona allea nin trigo doutra morea.
- O de moitos cobizado ten perigo, inda gardado.
- O moi cobizoso logo se entende co tramposo.
- Pide o cobizoso para el e para o goloso.
- Se a envexa fora tiña, moitos tiñosos haberla.
- Tanto cobiza o que moito ten coma o que nada ten.
- Tanto coma o que ten, cobiza ter o que non ten.
- Tanto come o que ten, como cobiza o que non ten.
- ¡Quen fora rei, para andar a cabalo!