ensaio
lat exagĭu ‘acto de pesar’
-
s
m
Proba que se realiza para determinar as calidades ou características de algo, ou a que se fai antes dun acto ou actividade para verificar que todo sairá ben.
-
s
m
[LIT ]
Xénero literario en prosa, non narrativo, que trata dunha maneira libre os problemas máis diversos con vontade de creación, que inclúe obras con estas características. OBS: Tamén se denomina ensaística.
-
s
m
[QUÍM ]
Análise cualitativa simple, feita por medio de reaccións e de técnicas simples e breves, e que xeralmente se fai para ter un coñecemento previo da substancia a analizar.
-
-
s
Experiencias ás que se somete un material, xeralmente nunha probeta, para valorar obxectivamente a idoneidade para as condicións de traballo que terá que soportar.
-
máquina de ensaio
Máquina que se emprega para efectuar un ensaio, con aplicación mecánica ou hidráulica da carga.
-
s
-
s
m
[DEP ]
Acción que en rugby, fútbol americano e noutras especialidades similares, consiste en apoiar o balón no terreo de xogo tras a liña que está situada á altura da portaría do equipo contrario para puntuar.
-
ensaio biolóxico
[BIOL ]
bioensaio.