alcatrán

alcatrán

ár al-qa ṭ rān ‘resina, brea’

Plural: alcatráns
  1. s m [QUÍM/IND ]

    Cada un dos materiais bituminosos, de cor escura, líquidos ou semilíquidos a temperatura ambiente e de composición variable, que se obteñen por destilación destrutiva do carbón.

  2. alcatrán betume [CONSTR ]

    Aglutinante constituído cunha mestura de betume e alcatrán, para reunir as propiedades adhesivas e de anticarburante do alcatrán.

  3. alcatrán de carbón [QUÍM/IND ]

    Líquido viscoso negro, máis denso que a auga, de cheiro naftalénico, que se obtén por destilación destrutiva do carbón.

  4. alcatrán de piñeiro [QUÍM/IND ]

    Líquido moi viscoso, de cor negra e cheiro característico. Emprégase en medicina, na flotación de minerais e na preparación de pinturas e vernices.

Formas incorrectas

alquitrán