engordar

engordar

gordo

  1. v t

    Dar moita comida a un animal destinado á produción de carne co fin de que críe máis graxa e carne.

  2. v t

    Facer que alguén aumente de peso. Tm abs.

  3. v t

    Facer que algo se volva máis denso.

  4. v t

    Prosperar economicamente grazas a outros.

  5. v i

    Pórse gordo ou máis gordo.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

espesar

Citas

  • Como moito chocolate porque é o único que me engorda un pouco, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Non tomes tanta cervexa que din que engorda
  • Engordou os callos cun pouco de fariña
  • Está moito máis xeitosiña desde que engordou
  • Os beneficios da empresa engordan só algúns petos
  • Todos os anos engordan un porco para a matanza

Refráns

  • Ca que eu coma ninguén engorda.
  • Cando na casa engorda a moza, mal anda a causa.
  • Cando o vello incha, lago na cava rincha.
  • Cando o vello incha, sinal de que lago rincha.
  • Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar.
  • Engordar, para morrer.
  • Máis vale onza de sangue que libra de carne.
  • O bo pasar fai o home engordar.
  • O home que comeza a ¡nchar, se é vello, é para morrer; se é mozo, é para sanar.
  • O que come pala man doutro, coma o que coma, engorda pouco.
  • O que me sabe engórdame.
  • O que.de vello engorda dúas mocidades ten.
  • O vello que engorda, dúas mocedades logra.
  • Ó vello que incha e ao mozo que mirra quédalle pouca vida.
  • O vello que incha na cava rincha.
  • Quen de vello engorda dúas mocedades disfruta.
  • Quen non engorda comendo, menos lambendo.
  • Quen vello engorda, dúas mocidades logra/contao
  • Se queres cedo engordar, come con fame e bebe de vagar.
  • Se queres engordar, come con fame e bebe de vagar.
  • Se queres ter o teu home gordiño, enriba do caldo dálle un traguiño de viño.
  • Vello que incha logo rincha.

Palabras veciñas

engomar engonzar engorda engordar engorde engorde engoumado -da
Conxugar
VERBO engordar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordo
engordas
engorda
engordamos
engordades
engordan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordaba
engordabas
engordaba
engordabamos
engordabades
engordaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordei
engordaches
engordou
engordamos
engordastes
engordaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordara
engordaras
engordara
engordaramos
engordarades
engordaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordarei
engordarás
engordará
engordaremos
engordaredes
engordarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordaría
engordarías
engordaría
engordariamos
engordariades
engordarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engorde
engordes
engorde
engordemos
engordedes
engorden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordase
engordases
engordase
engordasemos
engordasedes
engordasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordar
engordares
engordar
engordarmos
engordardes
engordaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
engorda
-
-
engordade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
engordar
engordares
engordar
engordarmos
engordardes
engordaren
Xerundio engordando
Participio engordado
engordada
engordados
engordadas