encoro

encoro
Plural: encoros
  1. s m

    Acción de encorar.

  2. s m
    1. Depósito natural nun curso de auga en que se recollen as aguas.

    2. [ENX/XEOG ]

      Remanso de auga formado de xeito artificial, polo común pechando a boca dun val mediante unha presa, en que se deposita parte do caudal dun río. Úsase para constituír reservas de auga para abastecer as centrais de produción de enerxía eléctrica, para a subministración de augas potables nas áreas urbanas ou para o regadío.

Sinónimos

Citas

  • O regato forma un encoro antes de caer pola fervenza