encima

encima
Plural: encimas
s [BIOQ ]

Macromolécula de natureza proteica e elevada especificidade que intervén no metabolismo celular, modificando e acelerando a velocidade das reaccións bioquímicas. Presenta un núcleo activo onde se forma, de xeito temporal, o complexo encima-substrato, que se descompón unha vez rematada a reacción, recuperándose o encima que non experimenta ningunha modificación e liberándose o produto de reacción.