encarnación

encarnación

lat encarnatĭōne

Plural: encarnacións
  1. s f

    Acción de encarnar ou encarnarse.

  2. s f [RELIX ]

    Dogma segundo o que o Verbo de Deus se manifesta en Cristo por unión hipostática, de tal forma que este, sen perder a súa natureza divina, se fixo home.

  3. s f

    Representación material dunha determinada idea.

    1. s

      Cor que se lle dá á carne humana na pintura e na escultura.

    2. encarnación de pulimento

      Encarnación que é brunida e lustrosa.

    3. encarnación mate

      Encarnación que non é brunida.

Sinónimos

Citas

  • Ese home é a encarnación da ira

Palabras veciñas

encargar encargo encariñar encarnación encarnado -da encarnadura encarnar