en

en

lat ĭn

  1. prep

    Expresa localización espacial.

  2. prep

    Indica localización temporal.

  3. prep

    Expresa valor modal. OBS: Con este valor pode alternar coa preposición de, e o substantivo que o segue vai sen artigo.

  4. prep

    Expresa materia.

  5. prep

    Indica medio.

  6. prep

    Indica o prezo de algo.

  7. prep

    Indica movemento.

  8. prep

    Equivale a por con verbos que indican percepción.

  9. prep

    Expresa unha acción en desenvolvemento con verbos en estruturas transitivas que permiten que a acción se estenda no tempo porque dura ou se repite.

  10. prep

    Expresa acción rematada cando vai con xerundio. OBS: Contrae co artigo determinado en no(s), na(s); co artigo indeterminado en nun(s), nunha(s); coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa en nel(es), nela(s); cos demostrativos en neste(s), nesta(s), nisto, nese(s), nesa(s), niso, naquel(es), naquela(s), naquilo, nestoutro(s), nestoutra(s), nesoutro(s), nesoutra(s), naqueloutro(s), naqueloutra(s); e cos indefinidos en nalgún(s), nalgunha(s), noutro(s), noutra(s).

Citas

  • Aínda tardarán en escribir, Váiselle a forza en falar, OBS: A preposición en contrae co artigo determinado (o, a, os, as) e dá lugar ás formas no, na, nos e nas; co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) e dá lugar a nun, nunha, nuns e nunhas; coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas) e dá lugar a nel, nela, neles e nelas; cos demostrativos (este, ese, aquel, isto,,; estoutro, esoutro, aqueloutro) e dá lugar a neste, nese,, nestoutro, nesoutro, naqueloutro; e cos cuantificadores (algún e outro) e dá lugar a nalgún, noutro
  • Bañábase en coiros) e moitas veces forma parte de locucións adverbiais ( en serio, en balde, en xeral, etc), OBS: Con este valor pode alternar coa prep de, e o substantivo que o segue vai sen artigo, Pintouno en/de cores claras
  • Cría moito nela, Pensei en todo iso
  • Debes facer iso en por ti, Ten moitos bens en por si
  • Deixoullo en poucos cartos
  • En rematando o traballo irei contigo
  • Fixo unha casa en granito, Pronunciou a conferencia en francés, OBS: Se se indica unha transformación, introdúcese un substantivo que designa o resultado final, O mago volveu o chumbo en ouro
  • Ían dunha casa noutra, Estaban perdidos e foron dar no mercado, OBS: Na construcción ir en, con verbo en presente ou copretérito, expresa aspecto perfectivo na acción verbal e repouso na terminación do movemento indicado trala preposición, Vai na escola
  • Morreu no ano 1993, Casaran na primavera
  • Segaron na herba, Comen no caldo
  • Sóubeno no seu mirar, Recoñecino no aroma que desprendía
  • Viaxou en barco
  • Vive en Cuntis, Agachouse no armario, Deitouse na cama, Deixou a bicicleta na árbore do xardín
  • Vive na miseria, Neses temas non entro, É agradable no falar, A responsabilidade é túa en non prever esa posibilidade, Está metido en política