emulsión

emulsión

lat emŭlsu, p p de emŭlgēre ‘muxir’

Plural: emulsións
  1. s f [QUÍM ]

    Dispersión estable dun líquido (fase dispersa) noutro non miscible no primeiro (fase dispersante), e que se presenta en forma de pequenas pingas esféricas.

  2. s f [IMAX ]

    Substancia química fotosensible con que se recobre de xeito uniforme o soporte das películas e dos papeis fotográficos.

  3. emulsión asfáltica [CONSTR ]

    Produto bituminoso constituído pola emulsión directa dun betume en auga.