embióptero -ra
embióptero -ra
Plural:
embiópteros
Masculino:
embióptero
Masculino plural:
embiópteros
Feminino:
embióptera
Feminino plural:
embiópteras
-
adx
Relativo ou pertencente aos embiópteros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto da orde dos embiópteros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM ]
Orde de insectos, alongados e acastañados, co abdome rematado en dous cercos segmentados. Presenta mandíbulas mastigadoras, antenas filiformes e ollos compostos con forma de ril. Desprázanse con igual facilidade cara a adiante que cara a atrás. Ademais, como característica única entre os insectos, teñen os tarsos das patas dianteiras engrosados e portan unhas glándulas produtoras de seda.