elongación

elongación

lat elongatĭōne

Plural: elongacións
  1. s f [ASTRON ]

    Distancia angular dun astro con respecto ao Sol, ou dun satélite con respecto ao seu planeta, medida por un observador que está situado na Terra. Mídese en graos, a partir do Sol e na dirección L ou O.

  2. s f [FÍS ]

    Distancia que separa unha partícula oscilante da posición de equilibrio en cada momento.

  3. s f [MED ]

    Extensión, tracción ou estiramento dun tecido, especialmente do muscular.

  4. s f [MED ]

    Subluxación ou luxación imperfecta dunha articulación.

  5. s f [BIOL ]

    Movemento de células que ten lugar no proceso de gastrulación.