elixir

elixir

lat científico elixir > ár al’iksîr ‘pedra filosofal’ gr ξηρόν ‘cousa seca’

Plural: elixires
  1. s m [MED ]

    Líquido medicamentoso composto por distintas substancias medicinais que están disoltas nun alcohol do 10 ao 15%.

  2. s m fig

    Cousa que ten un efecto máxico ou marabilloso.

  3. s m

    Substancia esencial dun corpo.

  4. elixir de longa vida

    Auga mercurial que se extraía da pedra filosofal por licuefacción ou por redución, segundo algúns alquimistas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Citas

  • A xente busca o elixir da felicidade pero ten que conformarse co da realidade

Refráns

  • A quen dan en que escoller, danlle en que entender.
  • A quen dás en que escoller, dáslle ben en que entender.
  • Coa culler que escollas terás que comer as sopas.
  • Entre a rapa e a rebola ¡veña o demo e escolla!
  • Entre folla e folla non hai moita escolla.
  • Moitos son os chamados e poucos os escollidos.
  • Mula e tea non se han de escoller á candea.
  • O que ten ben e mal escolle, por mal que vaia, que non se anoxe.
  • Quen ben ten e mal escolle, do mal que lle veña non se anoxe.
  • Quen ben ten e mal escolle, por moi mal que lle veña, non se anoxe.
  • Quen mala culler colle, con mala culler come.
  • Quen moito escolle, o demo llo tolle.

Palabras veciñas

elixibilidade elixible elixido -da elixir elixir elo elo