eleuterozoo

eleuterozoo

gr ἐ λεύ ϴ ερος ‘libre’ + -zoo

Plural: eleuterozoos
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos eleuterozoos.

  2. s m [ANIMAL ]

    Equinodermo do subfilo dos eleuterozoos.

  3. s m pl [ANIMAL ]

    Subfilo de equinodermos, integrado por individuos libres, carentes de pedúnculos e co ano xeralmente oposto á boca e case sempre na parte inferior do animal. Comprende as clases dos asteroideos, equinoideos, ofiuroideos e holoturoideos.