albará

albará

ár al-barā’ ‘documento de liberdade ou exención’

Plural: albanokosovares
  1. s m

    Documento en que consta un permiso ou unha obriga.

  2. s m [DER ]

    Documento que normalmente acompaña a mercadoría librada, e que indica a natureza e a cantidade, a data da libración e o nome do comprador e do vendedor, e que, se se está conforme, acredita a recepción da mercadoría.

  3. albará de guía [ARQUIV ]

    Documento con que se legalizaba o transporte de mercadorías por todas as zonas fronteirizas do Reino de Castela.

  4. letra albará [PALEOG ]

    Escritura gótica cursiva castelá dos ss XIII e XIV tal como se cría propia dos albarás.

Citas

  • Marchou sen que lle asinase o albará de entrega
  • No albará figura todo o que temos que facer neste período