EDTA

EDTA
Nome científico: C<sub> 10</sub> H<sub> 16</sub> N<sub> 2</sub> O<sub> 8</sub>
[QUÍM ]

Composto que actúa como axente quelante de metais divalentes e trivalentes, como o ferro, o magnesio e outros. En forma de sal cálcico (edtato cálcico) emprégase no diagnóstico e no tratamento de intoxicacións por chumbo. O sal sódico (edtato disódico) utilízase no diagnóstico e tratamento de certas alteracións no metabolismo do calcio. Tamén se usa na conservación de alimentos e en medios de cultivo.