durmideira

durmideira

durmir

Plural: durmideiras
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das papaveráceas, que presenta follas pinnatisectas e dentadas, flores de cor branca cunha mancha violeta na base e froito en cápsula. Cultívase para o aproveitamento do látex, que unha vez seco, recibe o nome de opio.

  2. s f [PLANTA ]

    papoula.

Palabras veciñas

durión durita durmida durmideira durmido -da durmiñón -na durmir