dureza

dureza

lat duritĭa

Plural: durezas
  1. s f

    Calidade de duro.

    1. s [XEOL ]

      Resistencia dunha substancia a ser relada.

    2. s [TECNOL ]

      Conxunto de propiedades mecánicas dos materiais sólidos que indican a resistencia que exercen á deformación ou a seren raiados.

    3. ensaio de dureza

      Procedemento para determinar a dureza dun material que se refire a unha escala convencional.

  2. s f [PAT ]

    Induración circunscrita da epiderme que está formado por unha acumulación de células estratificadas da capa córnea da fricción ou da presión prolongada e repetida.

  3. s f
    1. Ausencia de harmonía nos contornos.

    2. Oposición forte entre as cores.

  4. s f [IMAX ]

    Grao de contraste entre os brancos e os negros nun positivo ou entre as zonas claras e as opacas nun negativo.

  5. dureza da auga [QUÍM ]

    Calidade da auga dura que se debe ao seu contido de ións de metais pesados, principalmente de ións de calcio e magnesio.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

resistencia, severidade, solidez

Citas

  • Este material ten unha dureza abraiante, Trata con moita dureza os seus fillos

Palabras veciñas

durante durar durativo -va dureza duriense durión durita