dúbida

dúbida

dubidar

Plural: dúbidas
  1. s f
    1. Estado anímico de quen non sabe que escoller ou que decisión tomar de entre varias opcións ou resolucións.

    2. Estado anímico de quen non está totalmente seguro dun feito ou cuestión determinada.

    3. Problema ou cuestión puntual sobre a que non se ten a certeza ou seguridade absoluta.

    4. [FILOS ]

      Incerteza entre o si e o non, ou respecto á adopción dunha opción entre dúas ou máis proposicións, que leva á suspensión do xuízo.

    5. [RELIX ]

      acilación na convicción da fe relixiosa.

  2. s f [DER ]

    Concepto que no Código Civil equivale a erro.

Antónimos

Citas

  • A dúbida é saber se foi ela a asasina
  • Teño un caderno cheo de dúbidas que lle vou preguntar ao autor do libro
  • Teño unha dúbida, non sei se ir ao cine hoxe ou mañá

Refráns

  • A dúbida é a nai da ciencia.
  • A dúbida é o comezo da sabiduría.
  • Non sei se vomite nin sei se arrote.
  • Nunca deixes o certo polo que che ofreza dúbida.
  • O que entre dúbidas vive, nunca saberá o que é certo.
  • O que non dubida non cansa o maxín.
  • O que ten dúbida, sempre acerta.
  • Sempre é ben dubidar para mellor acertar.