dragón

dragón

lat dracone gr δράκων

Plural: dragóns
  1. s m [MIT ]

    Monstro fabuloso, de gran fereza e voracidade, que se representa con elementos da constitución de diferentes animais: fauces de crocodilo, cola de crocodilo ou pitón e garras de aguia ou de león.

  2. s m [BÉL ]

    Soldado que pertence ao corpo dos dragóns creado en Francia polo mariscal Cossé-Brissac (1554).

  3. s m [MAR ]

    Embarcación de regatas deseñada en 1929 polo enxeñeiro noruegués Johan Anker con case 9 metros de eslora.

  4. dragón de Komodo [ANIMAL ]

    varano de Komodo.

  5. dragón voador [ANIMAL ]

    Réptil do xénero Draco.