dorsal

dorsal

lat dorsūāle

Plural: dorsais
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao dorso.

    2. espiña dorsal [ZOOL ]

      Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

    3. músculo dorsal [ZOOL ]

      Músculo ancho e aplanado que cobre a parte inferior do dorso e que se estende desde a rexión lumbar ao húmero.

  1. adx [LING ]

    Que se produce co corpo da lingua, como poden ser todas as vogais ou as consoantes

  2. s m [DEP ]

    Pequena peza téxtil, colocada no lombo, que leva impresa o número que identifica a un deportista.

    1. s

      Aliñación de sistemas montañosos que seguen a mesma dirección e que constitúen unha unidade de relevo que divide un territorio en dúas áreas máis ou menos simétricas.

    2. dorsal oceánica

      Conxunto de dúas aliñacións paralelas de materiais magmáticos emerxidos no contacto entre dúas placas oceánicas, dunha lonxitude de decenas de miles de km e dunha anchura de centos de km.

  3. s f [METEOR ]

    Prolongación, no relevo isobárico, das altas presións dun anticiclón, que presenta forma de cuña.

  4. s m [ZOOL ]

    Cuncha de diferentes animais, como o cefalotórax dos crustáceos.