dogmatismo

dogmatismo

lat dogmatismu

Plural: dogmatismos
  1. s m
    1. Calidade de dogmático.

    2. Actitude e procedemento que se adopta nos máis diversos campos que consiste no establecemento dunhas premisas dogmáticas, entendidas como axiomas e non demostradas racionalmente.

  2. s m [FILOS ]

    Posición epistemolóxica cunha ilimitada confianza na razón que presupón unha coincidencia absoluta entre subxectividade e obxectividade no acto do coñecemento.