divisa

divisa
Plural: divisas
  1. s f
    1. Sinal ou insignia que serve para distinguir persoas, cousas ou graos.

    2. Lazo de cintas de cores que nas corridas de touros permiten distinguir as diferentes gandarías.

  2. s f
    1. Emblema ou lema breve e explicativo que aparece nun escudo.

    2. Figura emblemática cunha sentenza ou lema conciso que a explica.

  3. s f pl [ECON ]

    Moeda estranxeira ou títulos de crédito a curto prazo en mans de particulares ou do Estado.