distribución

distribución

lat distributĭōne

Plural: distribucións
  1. s f

    Acción de distribuír ou distribuírse.

  2. s f [ARQUIT ]

    Ordenación das pezas que forman o interior dunha vivenda.

  3. s f [GRÁF ]

    Conxunto de moldes xa impresos que se poden distribuír.

    1. s

      Conxunto de actividades económicas que teñen como finalidade que os bens ou produtos cheguen desde os produtores ata os vendedores.

    2. teoría da distribución

      Análise das leis económicas que determinan as partes da renda que lles corresponden aos diferentes factores produtivos.

    1. s

      Conxunto de datos ou valores en que as frecuencias se indican por medio das porcentaxes en que se presentan, ou ben de maneira absoluta, seguindo unha escala.

    2. distribución binomial/de Bernoulli

      Distribución de probabilidade do número total de éxitos en n probas independentes de Bernoulli.

    3. distribución de Poisson

      Distribución da probabilidade da variable aleatoria discreta X, que proporciona o número de veces que aparece aleatoriamente un suceso.

    4. distribución F de Fisher-Snedecor

      Distribución teórica continua correspondente a unha variable aleatoria, que é igual ao  cociente de dúas variables aleatorias independentes, cada unha con distribución χ 2 , divididas polos seus graos de liberdade.

    5. distribución normal/de Gauss

      Distribución continua de probabilidade, que ten por función de densidade: f(x)=1/(σ√2π)e -1/2(x-μ/σ)2 para -∞ <x<∞, onde μ é a media e σ é a desviación típica, e os dous, números reais.

    6. distribución t de Student

      Distribución continua de probabilidade que corresponde ao cociente de dúas variables aleatorias independentes, onde o numerador é unha variable aleatoria con distribución normal tipificada e o denominador é a variable aleatoria raíz cadrada dunha χ 2 con n graos de liberdade, dividida polo seus graos de liberdade.

    7. función de distribución

      Función asociada a unha variable aleatoria que dá as probabilidades de que esta tome algúns valores determinados.  As principais funcións de distribución son a distribución binomial e a distribución normal ou de Gauss.

    8. teoría de distribucións

      Parte da análise matemática que estuda as funcións lineais continuas sobre o espazo vectorial topolóxico das funcións reais infinitamente diferenciables de soporte compacto de O n .

    9. distribución canónica

      Distribución de probabilidade de acordo coa que a probabilidade Pr de atopar un sistema nun estado r de enerxía E r, vén dada pola expresión PrCEr , onde β=(KT) -1 é o parámetro de temperatura absoluta do foco térmico co que está en equilibrio o sistema.

    10. distribución exponencial

      Distribución continua de probabilidade con función de densidade f dada pola expresión f(x)=λexp(-λx), onde λ é un parámetro positivo e x ≥0.

    11. distribución

      Distribución teórica continua que corresponde ao estatístico X=X12+X22+...+Xn2, onde as Xi son todas variables aleatorias normais de media 0 e desviación típica 1 e independientes.

  4. s f [TECNOL ]

    Mecanismo que asegura a sucesión adecuada de cada unha das fases do ciclo dun motor térmico.

    1. s

      Conxunto total de contextos en que pode aparecer unha unidade lingüística.

    2. distribución complementaria

      Distribución que se dá cando dúas unidades lingüísticas non poden aparecer nunca no mesmo contexto ou contorno, aínda que poidan pertencer a unha mesma clase.

Citas

  • Ese señor é o encargado da distribución das tarefas no traballo