dispoñer

dispoñer

lat disponĕre

  1. v t

    Colocar cousas ou persoas cunha certa orde ou distribución. Tm v pron.

  2. v t

    Preparar algo cunha determinada finalidade. Tm v pron.

  3. v t

    Dicir ou decidir alguén con autoridade que e como se debe facer algo.

  4. v i
    1. Facer ou poder facer uso de algo ou de alguén.

    2. [DER ]

      Obrar libremente na disposición dos bens propios.

    3. [DER ]

      Facer testamento.

Sinónimos

Citas

  • As nenas dispuxéronse en fila para entrar na aula
  • Ata que faga os dezaoito anos non dispoñerá da súa herdanza
  • Cando chamou dispoñíame a saír para ir ao traballo
  • Dispón as cadeiras de xeito que ocupen pouco espacio
  • Dispón de min e do meu diñeiro cando precises, Dispoño de pouco tempo para presentar a solicitude
  • Dispuxo os cuartos por se viñan durmir os primos
  • Morreu hai tres días pero xa dispuxera
  • O alcalde dispuxo un día máis de festa, No testamento dispuxo que quería ser incinerado, OBS: O suxeito pode ser unha lei ou calquera outro texto legal, A lei dispón un prazo de quince días
Conxugar
VERBO dispoñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoño
dispós
dispón
dispoñemos
dispoñedes
dispoñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñía
dispoñías
dispoñía
dispoñiamos
dispoñiades
dispoñían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxen
dispuxeches
dispuxo
dispuxemos
dispuxestes
dispuxeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxera
dispuxeras
dispuxera
dispuxeramos
dispuxerades
dispuxeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñerei
dispoñerás
dispoñerá
dispoñeremos
dispoñeredes
dispoñerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñería
dispoñerías
dispoñería
dispoñeriamos
dispoñeriades
dispoñerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoña
dispoñas
dispoña
dispoñamos
dispoñades
dispoñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxese
dispuxeses
dispuxese
dispuxesemos
dispuxesedes
dispuxesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispuxer
dispuxeres
dispuxer
dispuxermos
dispuxerdes
dispuxeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dispón
-
-
dispoñede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dispoñer
dispoñeres
dispoñer
dispoñermos
dispoñerdes
dispoñeren
Xerundio dispoñendo
Participio disposto
disposta
dispostos
dispostas