disparador -ra
disparador -ra
Plural:
disparadores
Masculino:
disparador
Masculino plural:
disparadores
Feminino:
disparadora
Feminino plural:
disparadoras
-
adx
Que dispara. Tm s.
-
s
m
[BÉL ]
Mecanismo dunha arma de fogo portátil que transmite o movemento do gatillo ao gancho que retén a agulla percusora para que, ao liberala, golpee o fulminante que acende a carga de proxección da bala.
-
s
m
[IMAX ]
Dispositivo de natureza mecánica ou electromecánica que acciona o obturador para que deixe entrar a luz ao interior da cámara durante un tempo determinado.
-
s
m
[MAR ]
Resorte de ferro que se fixa á serviola da áncora para lanzala á auga no momento preciso de encontrarse a nave no lugar de ancoraxe.
-
disparador Schmitt
[TECNOL ]
Dispositivo electrónico que converte sinais de entrada en sinais de variación abrupta.