discreción

discreción

lat discretĭōne

Plural: discrecións
  1. s f

    Calidade de discreto.

  2. s f

    Facultade de actuar ou de decidir segundo o propio xuízo.

Antónimos

Citas

  • Conteille todo porque confío na súa discreción
  • Deixei os últimos detalle á súa discreción

Frases feitas

  • 2 loc adv Sen condici

Refráns

  • Boca pechada e ollo aberto non fan xamais desconcerto.
  • Cale o que viu e fale o que pediu.
  • Escoita e pensa antes de falar, se non queres errar e queres acertar.
  • Matalas calando e apalpalas a cegas.
  • Matalas calando e tomalas con tento.
  • Nin todo o que pensas fales nin todo o que pensas cales.
  • Ninguén se meta onde non deba.
  • No entender, o primeiro; no falar, o derradeiro.
  • Non digas que es pobre a quen rico facerte non pode.
  • Non te fagas pobre a quen te non pode facer rico.
  • O que sabe unha man que non o saiba a outra.
  • Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda.
  • Tapemos o noso fogo coa nos a cinsa.
  • Tres cousas tes que coidar: oír, ver e calar.